“A ameaza invisible nos océanos” Charla Débora Iglesias
O vindeiro venres 8, charla de Débora Iglesias “A ameaza invisible nos océanos”, no local do IEM Ponte de Rosas as 20:00h.
Débora Iglesias-Rodriguez é xa unha coñecida no IEM (ademáis de nativa do noso Val de Miñor) por ser unha oceanógrafa que traballa nos mecanismos que controlan a diversidade e a función nos ecosistemas mariños. Licenciada na Univ. De Santiago de Compostela, doctorouse en Swansea, Reino Unido, 1996 cunha tese sobre a utilización de carbono no fitoplancto. Foi posteriormente galardoada cunha bolsa NERC para estudar a diversidade xenética en coccolitóforos (Bristol Univ., Reino Unido) e unha bolsa da NASA para modelar a súa distribución mediante datos por satélite (Rutgers Univ., EUA) Ata decembro de 2012, dirixiu un grupo de investigación no National Oceanography Center (Southampton, Reino Unido), centrado na bioluminescencia mariña e o efecto de Acidificación dos océanos no plancto mariño.