
Conferencia sobre “D. Francisco Fernández del Riego, mestre da miña xeración”
O instituto de Estudos Miñoráns ven celebrando este ano dedicado a D. Francisco Fernández del Riego como titular do “Día das Letras Galegas”.
O próximo acto celebrarase este venres, día 5 de maio, as 20:30h no local do IEM (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar), no que a profesora emérita da Universidade de Vigo, Camiño Noia Campos, falará da súa experiencia como herdeira da xeración de D. Paco del Riego, centrándose sobre todo nas súas actividades desde as institucións situadas na cidade de Vigo, como a editorial Galaxia e a Fundación Penzol.
Presenta: María Lemos Cerqueira (Directora do CEIP Neira Vilas).