Os Faladoiros do IEM: “O prezo do barato. Consumo responsable”
Venres, 22 de Outubro, as 20:00h, novo emprazamento no Centro Neural de Gondomar (Edificio policía local)
Albino Prada Blanco falaranos sobre o avance do hipercapitalismo dixital no relativo aos hábitos de consumo (online) e as formas de traballo dependente (teletraballo).
Avaliando brevemente as súas consecuencias no emprego e na distribución, na calidade dos servizos, no financiamento do sector público, na autonomía e na soberanía social e política dos países.
Despois dunha breve exposición de propostas sobre o particular, abriremos un coloquio.