DIA (Declaración de Impacto Ambiental) NEGATIVA para o PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I
DIA (Declaración de Impacto Ambiental) NEGATIVA para o PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I
O DOG de hoxe, 22 de setembro de 2022, publica na súa páxina 49454 o anuncio da DX de Calidade Ambiental da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia no que se dá conta da PROPOSTA pola que se considera que “A ACTUACIÓN PROXECTADA (PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I) NON É AMBIENTALMENTE VIABLE, polo que se propón formular unha DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DESFAVORABLE para o proxecto.
Este pode ser o primeiro paso firme da “Serra ameazada” á “Serra Liberada”!
Parabéns a todas as persoas que durante estes 17 longos anos de loita mantiveron a idea dunha Serra da Groba libre de parques eólicos!
Detrás virán as DIA,s -tamén desfavorables- para os outros catro proxectos eólicos aínda pendentes na Serra da Groba: Toroña, Torroña I, Merendón e Rosal.
HAI QUE PARALOS!
HAI QUE BOTALOS!