
“CAZADORES DE PETRÓGLIFOS: A macro área Oitavén – Lima”
“A MACRO ÁREA OITAVÉN-LIMA: Reticulados, muíños naviculares, équidos e motivos de arte asquemática peninsular”. Ponencia na que Xosé Lois Vilar Pedreira e Xilberte Manso de la Torre, do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) e do Proxecto EQUUS, presentan algunhas das novidades na liña de investigación da sección de arqueoloxía do IEM no ámbito da arte rupestre galego-portuguesa no territorio entre os ríos Oitavén e Lima. Esta comunicación tivo lugar o pasado sábado, 5 de setembro, na xornada “CAZADORES DE PETRÓGLIFOS” celebrada no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, en Pontevedra. Galicia.