“O Val de Miñor durante a segunda república (1931-1936)” José Luís Mosquera Veleiro.
O Mes da Memoria, que todos os anos o IEM realiza por estas datas, comeza o día venres 29 de setembro ás 20:00h no local do IEM ca presentación do libro gañador do I premio de investigación Val de Miñor. Trátase da obra “O Val de Miñor durante a segunda república (1931-1936)” da autoria de José Luís Mosquera Veleiro.
O acto será presentado por Carlos Méixome, historiador e exdirector do IEM, e o doutor Julio Prada, que dirixiu a tese de doutoramento que deu lugar á obra que será presentada neste acto.
1 Comentario
Onde se pode conseguir unha copia deste libro? Me interesa moito pero non vivo en Galiza.