
XXII MES DA MEMORIA NO VAL DE MIÑOR. 90 Cabodano dos asasinatos fascistas.

HAI 90 ANOS… A VOLTA DOS NOVE
A noite do 15 para o 16 de outubro de 1936 elementos da Garda Civil e falanxistas asasinaron a nove homes á par da Bombardeira, en Baiona.
Non foi un feito illado. Máis de medio cento de persoas foron asasinadas pola trama represora do novo réxime no Val de Miñor.
Para lembrar o acontecido comezamos neste mes de outubro unha serie de actos: visitas guiadas, exposicións, conferencias, homenaxes…
Venres 16 de outubro, ás 20:00
Conferencia:
“A mecánica da represión” a cargo do historiador Xosé Álvarez Castro.
Aula de Cultura Ponte de Rosas. Avda. da Feira, 10, baixo. (Gondomar)
Sábado 17 de outubro
Ofrendas florais e homenaxe en tres lugares de Memoria do Val de Miñor co acompañamento musical de Alba Costas e Miguel Soto:
11:00 Cemiterio parroquial de Sabarís
11:30 Cemiterio municipal de Baiona
12:00 Monumento A Volta dos Nove
Sábado 24 de outubro
Visita guiada ó Campo de Concentración do Mosteiro de Oia
A exposición “Atopados” que recolle en 11 láminas a documentación e as conclusións dos traballos de excavación nas fosas 1 e 2 levada a cabo na primavera de 2009 polas seccíóns de Arqueoloxía e Memoria Histórica do IEM na parroquia de San Xián, no concello do Rosal, poderá ser visitada na Aula de Cultura Ponte de Rosas (sede do IEM en Gondomar).




