Presentación de “ALIENTE” (Alianza Enerxía e Territorio)
O IEM participa, como membro fundador, na presentación pública da plataforma estatal.
ALIENTE, a “Alianza, Enerxía e Territorio”, una plataforma con 80 entidades de todo o país que xorde en resposta ao inicio dun proceso de transición enerxética baseado na tecnoloxía á conta do territorio, do patrimonio cultural e da biodiversidade.
ALIENTE presenta, co apoio de máis de 250 investigadores e investigadoras un documento para reclamar 13 medidas que garantan a conservación da biodiversidade durante o desenvolvemento da necesaria transición enerxética ás renovables.
Urxe un cambio de rumbo. Se non se planifica axeitadamente esa transición, se se mantén o actual desenvolvemento masivo das renovables, sobredimensionado e centralizado, o impacto sobre o patrimonio, a biodiversidade, as augas e a paisaxe será irreversible.
É por iso que, desde ALIENTE, pedimos:
- Realizar una axeitada planificación, con áreas de exclusión legalmente vinculantes para a instalación de enerxía renovable a gran escala,
- Mellorar o proceso de avaliación ambiental para que sexa independente e efectivo, e
- Una catalogación das especies e bens patrimoniais afectados acorde co seu estado real de conservación.
- Un novo modelo enerxético distribuído, baseado no aforro e no autoconsumo, para acadar una transición ecolóxica que sexa quen de afrontar os retos da crise climática.
- Pedimos una transición ecolóxica xusta, co seu centro na defensa do territorio, da paisaxe, da biodiversidade e dos cursos de auga, do patrimonio común e da cidadanía.
ALIENTE é una alianza en torno á sostibilidade da enerxía, una alianza cidadá, participativa, transparente e democrática.
Pola conservación da biodiversidade, dos cursos de auga, da paisaxe, do patrimonio cultural, arqueolóxico, etnográfico… e polo desenvolvemento dun modelo enerxético distribuído e xusto, nace ALIENTE, a “Alianza Enerxía e Territorio”.
Ligazón para a web de ALIENTE – Alianza Enerxía e Territorio: https://aliente.org/
Ligazón para a Nota de Prensa na web de ALIENTE: https://aliente.org/…/la-ciudadania-con-apoyo-comunidad…
Presentación de ALIENTE: https://aliente.org/presentacion
Posicionamento de ALIENTE sobre biodiversidade: https://aliente.org/posicionamiento-sobre-biodiversidad