7ª xeira do verán 2023. Vereas Real Sabarís Baiona.
7ª xeira do verán 2023. Vereas Real Sabarís Baiona. Historia e patrimonio.
Nesta xeira partiremos da ponte vella de Sabarís (fronte ó multiusos de Sabarís) e camiñaremos pola Verea Real ata o Cruceiro da Trinidade. Escoitaremos explicacións da importancia desta verea e de todo o patrimonio que o rodea da man do guía Anxo Rodríguez.
- Data: Martes 1 de agosto ás 18:30h
- Punto de encontro: Ponte vella de Sabarís (fronte ó multiusos de Sabarís)
- Guía: Anxo Rodríguez Lemos
- Percorrido: Lineal de 3,5km.