Xeira Alén Miñor XXVI “Bisbarra de Ourense”
XEIRA ALEN MIÑOR XXVI
BISBARRA DE OURENSE, 20 E 21 DE NOVEMBRO 2021
Concellos de Ourense, Amoeiro, Baños de Molgas e Sandiás
Itinerario aproximado
Sábado, 20 de novembro
Visita museo casa Otero Pedrayo (Trasalba, Amoeiro).
Percorrido polo conxunto natural e arqueolóxico do Castro de Santomé.
Xantar en Ourense.
Percorrido pola cidade de Ourense desde as Burgas e incluindo lugares descoñecidos e curiosidades coa entrada a catedral e subida a cima de Vila para finalizar no claustro de San Francisco, a escolma de escultura e cemiterio de San Francisco.
Pernocta en Ourense.
Domingo, 21 de novembro
Percorrido polo Castro de Acea, Baños de Molgas.
Visita a capela prerrománica de Santa Eufemia de Ambía (século IX) e Fonte das Ninfas.
Xantar en Baños de Molgas.
Visita a igrexa Gótica de Santo Estevo de Sandiás.
Visita ó centro de interpretación da Lagoa de Antela.
Visita a Torre do Castro, en Sandiás.
CARACTERÍSTICAS DA XEIRA
SAÍDA DO AUTOCAR: Sábado 20 de novembro as 8:00h, desde a explanada do pavillón de deportes de Gondomar.
CHEGADA: Domingo 21 as 9:30h, aproximadamente, ó mesmo lugar de partida.
Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ós teléfonos 986 36 05 75 /627 27 68 16, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a oficina@iem.gal.
Prazas mínimas :30 persoas
Prazas máximas: 50 persoas
Aberto o prazo de inscrición até un total de 50 prazas. Non se reserva praza até que estea aboada a xeira.
As baixas que se realicen con menos de 48 horas antes do comezo da xeira non se lles aboará o importe da mesma.
• PREZO SOCIOS/AS: 170,00 euros.
• PREZO NON SOCIOS/AS: 180,00 euros.
*Incremento de 35,00€ por habitación individual.
• Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164
O prezo inclúe a viaxe en autobús, almorzo do domingo, xantar do sábado e domingo , seguro, as visitas e guías.
Poderase modificar ou ampliar os itinerarios en función do tempo dispoñible.
Cando se faga a inscrición enviar o certificado de vacinación da covid-19
- Tomarase a temperatura corporal a tódolos viaxeiros cada día antes de subir ó autobús pola mañá. Se alguén ten febre non poderá subir ó autobús.
- É de obrigado cumprimento levar máscara no interior do autobús e lugares de visita.