Novembro 2021… “e se aínda seguimos aquí”
O ano avanza imparable. Deixamos atrás un “prolífico” mes de outubro no que se publicaron, entre o DOG e o BOE, 17 Proxectos Industriais Eólicos, 148 xigantescos aeroxeradores repartidos en 7 parques eólicos que suman en total 753,58 MW.
Porque se trata diso. Nin máis nin menos. O obxectivo é converter Galicia nun megapolígono industrial eólico para mellor beneficio das catro grandes fortunas por todos e todas coñecidas e sempre á conta da cidadanía.
Saudamos ó novo mes de novembro…
Se queres consultar o calendario completo podes premer nesta ligazón:
https://es.calameo.com/read/0062317240d7dbee9b9d6
Temos moi pouco tempo (TRÁMITE DE URXENCIA.PRAZO REDUCIDO: 15 DÍAS)
É un momento verdadeiramente crítico! Desde o IEM e SOS Groba solicitamos da cidadanía a súa colaboración recollendo as alegacións, asinándoas, animando a outras persoas a asinalas tamén. Colaborando despois na tarea de “rexistralas” de xeito oficial. Pódese facer telematicamente (con chave 365 ou con Certificado Dixital) ou de maneira presencial en calquera Rexistro Público Oficial: no concello, na Deputación, en calquera consellería, nos servizos centrais da Xunta…
A GROBA CHAMA POR NÓS!
HAI QUE PARALOS!
HAI QUE BOTALOS!