
XEIRAS do IEM Verán 2025
XEIRAS VERÁN IEM 2025
Presentámosvos o programa completo de “Xeiras do IEM” para este verán.
Uns días antes de cada xeira publicarase información máis detallada desta.
Esperámosvos.
As “Xeiras do IEM” son actividades de divulgación cultural sobre diferentes aspectos do Val de Miñor nas que especialistas do Instituto de Estudos Miñoráns aproveitamos para compartir coas persoas que decides participar nelas os nosos coñecementos e os máis recentes resultados dos nosos propios traballos de investigación científica.
Agás as “xeiras náuticas” dos días 18 de xullo e 8 de agosto, nas que cómpre mercar o correspondente billete na nosa web iem.gal , todas as demáis son de balde e de acceso libre sen límite no número de persoas participantes.
Todas as xeiras están organizadas directamente polo IEM contando coa colaboración do concello de Tomiño exclusivamente nas programadas para os días 20 de agosto e 12 de setembro.
As xeiras do 15 e 18 de xullo, a do 8 de agosto e a do 12 de setembro contarán con intérprete de lingua de signos.
Agardamos que a nosa proposta resulte do voso interese e estaremos felices de compartila con vós.