
“SEREAS AFÓNICAS” (Luísa Abad)
Presentación do poemario 𝑺𝒆𝒓𝒆𝒂𝒔 𝒂𝒇𝒐́𝒏𝒊𝒄𝒂𝒔, de Luísa Abad.
Venres, 20 de xuño, ás 20:00 h
Na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoráns en Gondomar.
𝑺𝒆𝒓𝒆𝒂𝒔 𝒂𝒇𝒐́𝒏𝒊𝒄𝒂𝒔 continúa o seu camiño e chega ao Val de Miñor para seguir facendo oír as voces que se negan a calar.
Un poemario de Luísa Abad que mergulla na palabra como acto de resistencia, memoria e beleza, publicado por Editorial Elvira.
Nesta ocasión acompañará á autora Xabier Romero, editor de Editorial Elvira
Presenta o acto Rosa Pascual, historiadora
Un serán para celebrar a poesía e a forza da palabra das mulleres, entre versos que iluminan e silencios que xa non o son.