OUTUBRO: MES DA MEMORIA
Como cada ano por estas datas, desde o Instituto de Estudos Miñoráns, promovemos a celebración do MES DA MEMORIA.
Nesta ocasión están programados, ademais da homenaxe aos Ineses e á señora Perfecta, asasinados en Sabarís e aos nove miñoráns asasinados na Volta da Bombardeira, que como xa é habitual terá lugar na mañá o sábado, 16 de outubro, o IEM, en colaboración cos tres concellos do Val de Miñor e da Deputación de Pontevedra organiza, os xoves ás 20h, actos nos tres concellos:
- Xoves 14, no Auditorio Municipal de NIGRÁN: Proxección da película documental “ACORDA”
- Xoves 21, No Auditorio “Lois Tobío” de GONDOMAR: Teatro. “A señora de Forcadela”, por Os Quintilláns.
- Xoves 28, No Multiusos de Sabarís, de BAIONA: Obradoiro “Música represaliada”, de Xurxo Souto.