Parque Eólico “Torroña I”
Xa temos aquí o segundo: O PARQUE EÓLICO TORROÑA I
Na Serra da Groba teñen proxectados SEIS PARQUES EÓLICOS cun total de 44 aeroxeradores.
O pasado mércores, 16 de decembro, publicábase no DOG o “Documento Inicial Ambiental” do parque eólico “TORROÑA I”.
Tras unha primeira lectura cómpre destacar:
Promotora: “Desarrollos Renovables del Norte, S.L.U.” (ACCIONA Energía)
– Potencia total do parque: 22,8 MW
– Instalaranse 4 aeroxeradores de tres pas tipo NORDEX N163 de 5,7 MW cada un
– Un aeroxerador mide 229,5 m de altura total (148 de poste e 81,5 de pa)
– O poste dun aeroxerador mide 6 m de diámetro
– Cada aeroxerador vai montado nunha base circular de 25,2 x 25,2 m e 3,5 m de alto
– Para a montaxe de cada aeroxerador será necesario habilitar unha explanación para “plataformas de traballo” duns 6.500 m2
– Será necesario construír 3.740 m de novos viais de 6 – 6,5 m de anchura. Tamén haberá que modificar e refacer os existentes
– Para a conexión dos elementos do parque (4 aeroxeradores, torre meteorolóxica e subestación) cavaranse algo máis de 11 quilómetros e medio de gabias de 1,2 m de profundidade
Para máis información preme na ligazón:
Comentarios
Escribe un comentario…
2tS3poln hsorheccdf · Compartido con: Público