
Calendario IEM. “O 21 do XXI”
Aquí tedes a nosa proposta de calendario 2021 contra o actual Modelo Enerxético e contra a instalación dos Parques Eólicos na Serra da Groba e no Galiñeiro.
Para acceder ao calendario preme nesta ligazón:
https://www.calameo.com/read/0062317240d7dbee9b9d6
Serán, con toda seguridade, outros 365 días de intensa actividade na defensa do noso Patrimonio e do noso País e frontalmente en contra da salvaxe industrialización que nos ameaza.
O calendario está feito sobre a base do calendario laboral oficial e incorpora, ademais das festividades locais dos concellos afectados por estes Parques Eólicos (Baiona, Oia, O Rosal, A Guarda, Tomiño, O Porriño, Mos, Vigo, Gondomar e Nigrán), as datas dos Curros da Groba e do Galiñeiro.
Cada unha das 13 primeiras páxinas incorpora un código QR co que poderedes acceder a un vídeo diferente sobre algún aspecto concreto da Groba. Animámosvos a visionalos.
Na contraportada atoparedes outros dous códigos QR. Un deles dirixiravos á páxina do Rexistro Eólico de Galicia por se queredes ou precisades ampliar información a propósito dos Proxectos eólicos en Galicia.
O outro leva a ligazón para o pdf que recolle a “Exposición Serra da Groba”.
Desde o IEM queremos aproveitar a ocasión para desexarvos unhas boas festas e que no novo ano se fagan realidade os vosos mellores soños, sempre libres de Parques Eólicos nas nosas serras.