XVI Premio de poesía Victoriano Taibo
XVI Premio de poesía Victoriano Taibo
O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), en colaboración co Concello de Gondomar e a Editorial Galaxia, convoca o XVI Premio de poesía Victoriano Taibo, dotado cunha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo e até 4000 €, dos que 3000 € serán en concepto de adianto por dereitos de autoría e 1000 € no caso de que a persoa gañadora acepte impartir o obradoiro mencionado no punto 9 das seguintes bases:
BASES:
https://forms.gle/c17myKtyxhJhzG1eA
Nese formulario indicarase o título co que se presenta a obra e pseudónimo escollido pola autora ou autor. Tamén se cargará un arquivo coa obra en formato PDF. O arquivo en PDF non poderá conter datos ou metadatos que identifiquen a súa autoría real.
Enviarase tamén unha copia en papel, con letra de corpo 12 nun sobre pechado identificado polo pseudónimo e o título indicados no formulario. Así mesmo, dentro deste sobre, xunto co traballo, incluirase outro sobre pechado identificado co devandito título que conterá os datos persoais (nome, apelidos, copia de DNI, teléfono de contacto e enderezo electrónico). O xurado só o abrirá no caso de ser premiado.
Os traballos enviaranse por correo ao seguinte enderezo:
XVI Premio de Poesía Victoriano Taibo
Instituto de Estudos Miñoráns
Apartado 30
36380 Gondomar (Pontevedra)
O Premio de poesía Victoriano Taibo recoñeceu até o de agora obras das seguintes escritoras e escritores:
O IEM e o Concello de Gondomar queren, a través deste premio, enxalzar a figura de Victoriano Taibo, escritor e mestre na parroquia de Morgadáns, e contribuír ao crecemento da literatura na nosa lingua, convertendo Gondomar e este premio nunha cita imprescindíbel para as Letras Galegas.