
Parques eólicos na Serra da Groba e na Serra do Galiñeiro (Simulación 3D)
A Industrialización das Serras do Val de Miñor e do Baixo Miño.
Sete parques eólicos proxectados na Serra da Groba e na Serra do Galiñeiro.
Preme na ligazón para acceder ao vídeo: https://youtu.be/zceJbN4ZARw
Non aparecen aínda representadas as dotacións requeridas de vías, pistas, esplanacións para a montaxe, movementos de terras, enerxía e comunicacións… porque non están aínda dispoñibles ao público.
Destacamos mediante etiquetas os principais núcleos de poboación afectados, de Sur ao Norte: O Rosal, Portecelo, San Xián, Oia, Santa Comba, Mabia, Loureza, Burgueira, Bonaval, Torroña, Pedornes, Viladesuso, Mougás, Vilachán do Monte, Pinzás, As Mariñas, Baredo, Baíña, Baiona, Belesar, A Granxa, Sabarís, San Cibrán, A Ramallosa, Gondomar, Nigrán, Chaín, Morgadáns, Prado, Vincios, Parada, Mosende, Herville, Zamáns, Valadares, O Porriño, Mos, Vigo…
A ubicación dos 57 aeroxeradores, das 5 torres meteorolóxicas e das 4 subestacións previstas nestes 7 parques eólicos responde exactamente ás coordenadas xeográficas publicadas no Rexistro Eólico de Galicia (servizo ArcGIS da Xunta de Galicia). Os aeroxeradores 3D están escalados segundo o modelo VESTAS V-162 5,6MW-119 (199m de altura e 162m de diámetro) previsto para o P.E. ROSAL (DOG 27/11/2020)
Estas son algunhas características, detalles da documentación e ferramentas utilizadas para a realización do vídeo:
– Modelo Dixital do Terreo: Centro Nacional de Información Xeográfica, MDT02 con paso de malla de 2 metros. Escala vertical 1.0 (sen distorsión da altitude) e campo de visión de 45º (sen distorsión de cámara).
– Textura: Imaxe Satélite anterior ós lumes do verán de 2006 (Serra da Groba) e outubro de 2017 (Serra do Galiñeiro), Ortofoto Bing.
– Augas, pozas, ríos e regueiras: Rede Fluvial 2019 ampliando ata as nacentes. Representación aproximada da orixe natural das augas combinando MTD02 hillsade, curvas de nivel e diferentes ortofotos.
– Toponimia: Etiquetas das entidades de poboación e algúns puntos recoñecibles para facilitar a orientación no 3D.
– Represéntase en vermello o Camiño de Santiago pola costa (Plan Básico Autonómico do 2020).