
IEM Documenta
Pódese acceder á canle de “IEM Documenta” a través desta ligazón:
https://www.calameo.com/accounts/6231724
Neste novo apartado do noso espazo web, por medio dunha ligazón á plataforma “Calaméo”, incorporamos unha relación de documentos en formato “pdf” (libros, revistas, separatas, artigos, presentacións…) que desde o IEM queremos compartir con todas as persoas interesadas.
Nestas publicacións recollemos unha boa parte do noso traballo. Trátase, na meirande parte dos casos, de documentos de produción propia do IEM aínda que tamén recollemos outros que polo seu contido interesan á realidade do Val de Miñor, do país ou do propio IEM.
Esta é unha “lista aberta” na que iremos engadindo, na medida das nosas posibilidades, novos elementos e novas producións.
Utilizando as ferramentas de búsqueda da canle do “IEM Documenta” é posible localizar os traballos que en cada caso interesen.