COVID-19: O IEM non ten programada ningunha actividade para este verán.
O IEM este verán por causa da pandemia non ten programada ningunha actividade .
Estamos valorando si poderíamos facer no mes de agosto algunha xeira controlada, alomenos unha en Nigrán, en Gondomar e en Baiona. Serían en espazos abertos e amplos e con condicións de distanciamento e medidas de seguridade (mascariña).
Si se concretan, farémolas públicas na páxina do IEM e nas redes.
Lamentamos esta ausencia de actividades pero temos que ser cautos e tomar tódalas medidas de prevención que se recomendan, co que nos resulta difícil levar a cabo as xeiras do verán. Facelas con grandes límites de asistentes (máximo 20 persoas) non é unha opción que barallemos, pois estaríamos discriminado a moitas/os socias e socios, que terían preferencia, e que non poderían asistir dado a redución no número de asistentes.
Agardamos que en outono se poidan mellorar as condicións e poder levar a cabo unha programación na que xa estamos traballando.
Polo de agora a prevención e a saúde ten que primar sobre as ganas de compartir experiencias xuntos.
Animamos á xente a que revisite pola súa conta o rico patrimonio natural e cultural do Val de Miñor, respectando as medidas de seguridade e a propia contorna.
Val de Miñor, verán de 2020.