Precisamos da túa axuda para mostrar o rexeitamento social contra o parque eólico ALBARIÑO I na Serra da Groba
Guía de presentación de alegacións ó parque eólico Albariño I
Precisamos da túa axuda para mostrar o rexeitamento social contra o parque eólico Albariño I na Serra da Groba
Date présa, faino antes do 18 de novembro que remata o prazo
Como cubrir a alegación:
1º Descarga o documento de alegación dende este enlace (en formato pdf ou doc).
2º Cubre os teus datos e asina polo reverso incluíndo a data.
Como enviar a alegación:
Existen varias formas de facelo:
1. Dixitalmente a través da Sede Electrónica
(sempre que teñas certificado dixital ou chave 365)
- Entra en https://sede.xunta.gal pincha en “A miña sede” para identificarte.
- Entra en “trámites” escolle “solicitude xenérica” e segue o procedemento.
Asegúrate de enviala á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
2. A través da oficina de Correos ben por correo administrativo ou por correo certificado.
Envíaa a este enderezo:
DX de Planificación Enerxética e Recursos Naturais. Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
San Caetano s/n, 15781, Santiago de Compostela
3. A través dos portelos únicos dos concellos ou rexistros da administración autonómica.
– Cada persoa só pode presentar un máximo de 10 alegacións diarias.
4. Podémoscha entregar nós.
Tes varias opcións:
– Se tes moitas alegacións e queres aforrarte o franqueo en Correos, méteas nun sobre e fainolas chegar a:
· Instituto de Estudos Miñoráns Apartado de Correos 30, 36380, Gondomar
– Podes entregalas en man nos seguintes locais:
- Instituto de Estudos Miñoráns (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) (Se está pechado, meteas por debaixo da porta)
- COPISTERÍA DUPLICOLOR (A Ramallosa, Nigrán)
- CIBERZULO (Rúa Cantábrico, Nigrán)
- FARMACIA VIVES HERMIDA (Praia América, Nigrán)
- Herbolario “Madre Tierra” en Gondomar
- “Asante Sana” en Nigrán
- “Horta Fresca Tenda Ecolóxica” na Ramallosa
- Bar Puente (Loureza)
- Bar Salinas (Torroña)
- AUTOMAR Baiona (Av. Monterreal, 7, Baiona)
- Casa Cultural Oia
- Fuscalho
- As Pozas
- Centro Goianés
- Tenda de complementos Arietnas
- Ferretería a Roda (Raquel)
- Mercado do Rosal
- Perruqueria Ignacio (Manolo)
- Lacena
- Arietnas (A Guarda)
- CS Fuscalho (A Guarda)
- Lacena (A Guarda)
- Agrominho (O Rosal)
- As Pozas (A Guarda)
- Centro Cultural de Oia
- Ferretería A Roda (Tomiño)
- Centro Goianés
- Perruquería Ignacio ( O Rosal)
- Mercería Cómplices (O Rosal)
- Bar Puente (Loureza)
- Bar Rocha (Burgueira)
- Bar Salinas (Torroña)
Haberá actos informativos nos concellos do Val de Miñor onde tamén se recollerán alegacións
Etiqueta:Albariño I, Eólicos, Parques Eólicos, Plan Eólico Galicia, Serra Da Groba