Parque eólico TORROÑA I. Alegacións IEM – SOS Groba (Remata do prazo o 18/04/2023)
Desde o IEM – SOS Groba poñemos á disposición este novo escrito de alegacións detalladas contra o proxecto eólico TORROÑA I.
Alegación á RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2023 da Xefatura Territorial de Pontevedra, publicada no DOG 03/03/2023, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental, as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico), en concreto, das instalacións do parque eólico Torroña I, situado nos concellos de Baiona, Oia e Tomiño, provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2020/24).
Remata o prazo o MARTES, 18 de abril de 2023
A GROBA CHAMA POR NÓS!
HAI QUE PARALOS!
HAI QUE BOTALOS!