A Madorra -Texto nº5 de Xosé Lois Vilar Pedreira
Aninovo do 49 á mañá é lembrado en Panxón porque nas pedras da Praia do Crasto ou da Madorra apareceu o terceiro cadáver procedente do iate que naufragara en Anovello no carreiro do Medio de Silleiro. Neste primeiro día do ano déronlle terra en Baiona a Ansgar Brevig, primeiro motorista e a Svanhild Karlseb nai de Arnild, a única supervivinte da traxedia na que faleceron catorce dos quince tripulantes. A mociña de 10 anos foi levada a terra por Ansgar que foi tragado por unha vaga.
No cemiterio de Panxón foi soterrada a camareira de 25 anos achada na Madorra. Para maior precisión e xustiza dicir que o crego da parroquia mandouna enterrar extramuros do camposanto porque intuíu que a loura non era da súa tribo e podía mancharse a necrópole. Caridade cristiá.
Nos días seguintes apareceron máis cadáveres en Ríodosos (Mougás) e na Agudela (A Guarda).
Que a loura aparecese na Madorra é o motivo polo que Domingo Villar chamou a súa segunda novela ” A praia dos afogados” xa que o seu morto, Xusto Castelo “O Rubio” tamén apareceu aí.
Como se chamaba a camareira noruega?
E o iate?
2 Comentarios
Queríame facer socia. Cómo fago??
Bo día Elvira,
Desculpa a tardanza. Para facerte socia tes que cubrir o impreso que aparece na web e envialo por correo a oficina@iem.gal.
Este é o enlace
https://iem.gal/facerse-socio-a-do-iem/
Moitas grazas polo teu interese e de novo mil desculpas por non responder antes.