Conferencia de Anxo Rodríguez Lemos: Os tempos na Colexiata de Santa María de Baiona. Mércores 14 de agosto ás 20:00h
O vindeiro mércores 14 de agosto ás 20:00h, Anxo Rodríguez Lemos, historiador e doutorando na USC e membro do IEM, ofrecerá a conferencia titulada Os tempos na Colexiata de Santa María de Baiona, en colaboración co concello de Baiona.
Esta terá lugar na Capitanía Marítima de Baiona (Elduayen,20)
Colexiata de Santa María de Baiona.
De influencia cisterciense, o templo parroquial de Santa María de Baiona, elevado a colexiata en 1482 conservando o rango ata mediados do século XIX, está posiblemente asentado sobre unha igrexa anterior, máis pequena, dependente da “uillam Erizanam” que Alfonso VII e Berenguela doan en 1137 ao eremitorio de San Cosme e San Damián.
A conferencia, impartida polo historiador e doutorando na Universidade de Santiago de Compostela Anxo Rodríguez Lemos, recentemente investigador no Archivio Segreto Vaticano, permitirá facer un percorrido polos distintos tempos en que foi construída e remodelada, así como entender a súa impronta, entre as doce colexiatas galegas e as tres da diocese tudense, como centro reitor de toda unha vila no relixioso.