XEIRAS ALEN MIÑOR 2019 XEIRA XXIII – COSTA DA MORTE (19/20 OUTUBRO)
Itinerario aproximado sábado
Brandomil (ponte sobre o Xallas), pasado romano.
Baíñas, senlleira feira comarcal, espazo literario.
Dolmen de Regoelle, Pedra da Arca.
Pedra do Brazal (panorámica do esteiro do Xallas)/ Petróglifo de Pedra Longa.
Petróglifo de Pedra Longa.
Miradoiro do Ézaro (Historia das centrais eléctricas, Monte Pindo e Fervenza do Xallas).
Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema.
Visita a Igrexa de San Marcos de Corcubión/ Faro Fisterra.
Itinerario aproximado domingo
Museo da Pesca de Fisterra
Percorrido por Muxía. Paseo desde o Cabo da Grixa até o santuario da Virxe da Barca. Visita a un secadoiro de congro.
Moraime (Igrexa románica, pinturas, busto de Asorey e restos arqueolóxicos)
Boallo e Berdoias, aldeas singulares
CARACTERÍSTICAS DA XEIRA
GUÍA: MANOLO VILAR (director do Museo do Pobo Galego)
SAÍDA DO AUTOCAR Sábado: 8:00h de Gondomar, desde a explanada do Pavillón de deportes.
CHEGADA: Domingo, aproximadamente ás 22.00h, ó mesmo lugar de partida.
Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao teléfono 986 360575/627 276816, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a oficina@iem.gal.
Prazas mínimas :35
Aberto o prazo de inscrición até un total de 56 prazas. Non se reserva praza ate que estea aboada a xeira.
As baixas que se realicen con menos de 48 horas antes do comezo da xeira non se lles aboará o importe da mesma.
• PREZO SOCIOS/AS: 120 euros.
• PREZO NON SOCIOS/AS: 130 euros.
• Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164
O prezo inclúe a viaxe en autobús, hotel (Fisterra), almorzo do domingo, comidas do sábado e domingo (Corcubión e Muxía), seguro, xantar, as visitas e guías.
En caso de solicitar habitación individual haberá que abonar un incremento de 15 euros.