FRAN ALONSO, DIRECTOR DE XERAIS, ESTE VERNES NO CICLO LITERARIO MIÑORÁN
FRAN ALONSO, DIRECTOR DE XERAIS, ESTE VERNES NO CICLO LITERARIO MIÑORÁN
O Instituto de Estudos Miñoráns acolle este venres 10 de novembro ás 20 h o recital performativo de Fran Alonso
O Grupo de Promoción do Uso do Galego do IEM celebra o Ciclo Literario do mes de novembro coa figura do escritor, editor e director de Xerais Fran Alonso, acompañado de Beatriz Núñez, presidenta do Espazo Lectura.
Invítase a todas e todos a coñecer esta nova proposta para fomentar o uso do galego e celebrar o patrimonio literario da comarca do Val de Miñor coas escritoras e escritores locais.
O recital performativo dará comezo ás 20 h no IEM. É de acceso libre ata completar aforo.
O Ciclo Literario Miñorán é un reflexo do compromiso do Grupo de Promoción do Uso do Galego (IEM) co enriquecemento cultural e a difusión da literatura no Val de Miñor.