
Seis finalistas optan ao XV Premio de Poesía Victoriano Taibo de Gondomar
Seis finalistas optan ao XV Premio de Poesía Victoriano Taibo de Gondomar
O xurado do XV premio de Poesía Victoriano Taibo, que convoca o Instituto de Estudos Miñoráns en colaboración co Concello de Gondomar e coa Editorial Galaxia, reuniuse o pasado sábado 4 de novembro nas dependencias do IEM, e deu en escoller as seguintes obras finalistas listadas por orde alfabética:
- A mirada das 1000 iardas
- Himno nacional
- No ceo da boca
- Patios
- Tentación dunha viaxe
- Unha casa onde vivir
O título e autoría da obra gañadora darase a coñecer nos próximos días e será publicada na colección Dombate da Editorial Galaxia no mes de marzo de 2024, cando se celebre o acto de entrega do premio nunha data aínda por confirmar, pero que será arredor do día 13 dese mesmo mes, cabodano do pasamento do poeta Victoriano Taibo.
A organización quere destacar a boa saúde do Premio de Poesía Victoriano Taibo que, grazas ao apoio do Concello de Gondomar, chega a celebrar a súa décimo quinta edición cunha participación case récord de cincuenta e seis poemarios e unha ampla repercusión a nivel nacional, estatal e incluso internacional. Este mesmo ano, o poema “Mamá fala en documentos predeterminados” do poemario Antese, de Arancha Nogueira, gañadora da XIII edición, foi escollido coma mellor poema do ano 2022 na gala Ari[t]mar en Santiago de Compostela.