Novembro con Taibo- Laura Ramos Cuba
Laura Ramos Cuba (Burela, 1993)
«Con toda a dozura fasme».
«Podes pór que me criei na taberna dos meus avôs. Ou que de nena, quando tinha pesadelos, sonhava que era um debuxo animado. Ou que quando o corpo mo permite gosto de correr polo monte. Ou que sei fazer papiroflexia e conservo o hábito da comunicaçom epistolar». (sic)
Laura, escritora e xornalista de profesión, é a gañadora máis nova do Premio de Poesía Victoriano Taibo.
En A situación actual reflexiona sobre diversas cuestións que lle preocupan na súa vida «cunha voz intimista que amosa sinxeleza e fondura ao mesmo tempo, capaz de expresar unha situación límite, unha crise emocional». A obra recolle poemas escritos ao longo de seis anos, atravesados de experiencia, por veces agónicos e por veces gozosos, que corresponden a «diferentes etapas vitais».
«Ao final o que un escribe acaba sendo un reflexo da súa propia vida, é algo que vai unido e é o que penso que lle dá continuidade ao libro».
O seu poema «Fasme amor», incluído nesta obra, foi finalista na categoría de mellor poema en galego no certame ARi[t]mar, que premia as mellores pezas de autores de Galicia e Portugal.
Etiqueta:Laura Ramos Cuba, Novembro con Taibo