
Novembro con Taibo- Rafa Vilar
Rafa Vilar (Cee, 1968)
«Hai veces en que o único territorio que coñezo é o desterro”.
«A poesía é fundamentalmente un acto de linguaxe, que comunica, reflexiona, conmociona e mesmo divirte. Debe avivar os espazos críticos, apuntar cara ao inconformismo, rachando con ese amorfo pensamento único que os poderosos tentan impor».
Rafa Vilar forma parte (xunto con Marta Dacosta, Paco Souto, Igor Lugrís, Eduardo Estévez…) dun grupo de escritores que queren deixar clara a súa militancia poética e que pretenden democratizar o feito poético levando a poesía a todos os recunchos. «Como di Rafael Dieste, que o poeta grite o seu poema na eira e na ribeira, anque non lle entendan».
Con Erosións, o autor afirma que as lectoras e lectores «van atopar un libro de poemas de amor… e vida. Son un cento de poemas breves, con unidade orgánica, que afondan na experiencia amorosa, desde unha ollada ás veces vital, ás veces existencial. Como en boa parte dos meus libros de poesía, a linguaxe tende á sinxeleza e á depuración, buscando dicir e suxerir ao mesmo tempo».
https://gl.wikipedia.org/wiki/Rafa_Vilar
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=27837
https://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-29-09-2017-3468316
https://www.farodevigo.es/comarcas/2017/09/19/rafa-villar-gana-o-x-16206419.html
Etiqueta:Novembro con Taibo, Rafa Villar