Primavera Videoliteraria no Val de Miñor
A sección de Lingua e Literatura e PUGA (Promoción do Uso do Galego) do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM ), en colaboración cos Concellos de Gondomar, Baiona e Nigrán, convocan a Primavera Literaria do Val de Miñor de Videopoemas e Videomicrorrelatos para contribuir a potenciar a creatividade en lingua galega da mocidade do Val de Miñor e de toda Galicia.
O IEM e os tres concellos da comarca únense para fomentar a creación literaria e audiovisual da mocidade do Val de Miñor e de toda Galicia.
Haberá seis categorías, cinco para rapaces e rapazas da comarca, e unha para persoas adultas con creación en lingua galega, sen limitación xeográfica.
Cerca dos 4000 euros en premios, seis dos sete en vales para consumir no comercio local.
O certame estará constituído por dúas modalidades, videopoesía e videomicrorelato, para fomentar distintas narrativas de creación audiovisual e contará con seis categorías, cinco para rapaces e rapazas da comarca, e unha para persoas adultas con creacións en lingua galega sen limitación xeográfica.
As persoas que queiran participar no certame soamente terán que gravar un vídeo de máximo un minuto onde se lea un poema ou un microrrelato en lingua galega. Os textos dos poemas e microrrelatos deben ser orixinais e a súa autora ou autor debe ser membro do equipo que produza o vídeo. Ademais será posible participar con máis dunha creación. Todas as obras finalistas serán publicadas nas redes sociais do IEM .
Animádevos a participar!
Os interesados e interesadas poden consultar as bases aquí.