Novembro con Taibo – Carlos Negro
Carlos Negro (Lalín, 1970)
Tamén os poetas van a Balaídos
«Ola, son Carlos Negro, criado na infancia nunha casa a carón dun transformador dunha subestación de Fenosa. Na mocidade, exercín durante os veráns de carteiro rural, montado nunha Mobilette e logo nun Renault 4 do meu avó paterno. Ás veces, aínda xogo ao baloncesto, pero non teño a habilidade de Larry Bird. Son do Celta e dos Celtics, de Balaídos e do Boston Garden».
Carlos Negro foi o primeiro gañador do Premio de Poesía Victoriano Taibo. Presentouse no acto de entrega cun fillo moi pequeno que aguantou un acto particularmente longo, precedido pola descuberta dunha placa na escola de Guillufe. Ese día pronunciou un bonito discurso. Logo houbo un recital de poemas de Taibo a cargo de ex alumnos e, despois da entrega, contáronse vivencias e anécdotas nunha mesa de veciños que coñeceran o mestre Taibo.
Cultivos transxénicos, I Premio de poesía Victoriano Taibo, presenta a agonía e morte da sociedade tradicional rural. «Xa ninguén lembra onde se atopan as leiras que recibimos como herdanza, nin os marcos que delimitaban os límites do mundo… porque xa non sabemos de quen vimos sendo, nin que nome merece a terra que tripamos…».
Vivan Victoriano Taibo e Carlos Negro
Etiqueta:Carlos Negro, Novembro con Taibo
1 Comentario
Moitas grazas por achegarnos nestes intres tan complicados un pouco de realidade poética.Parabens polo voso traballo desinteresado