Novembro con Taibo-María Concepción Álvarez Lebredo
María Concepción Álvarez Lebredo (Vigo, 1970)
Galicia en diagonal
«Para min, a poesía ten que ser transparente. Ten que provocar emocións e que fale da persoa hoxe en día».
«Ufff, son eu moi insulsa para esas cousas. 😀
- Colecciono (ou, máis ben, xunto) series temáticas de selos: de ferrocarrís, gatos, e escritores, entre outros.
- Canto ‘asturianadas’ na ducha… e onde me deixan.
- Son fan de Loquillo. (Si, non te escandalices).
- Da miña nenez conservo as bólas, os indios e vaqueiros, o Lego e os albums de cromos dos 70 e primeiros 80. Ah!, tamén os Don Miki (Teño montóns). Gústanme sobre todo as historietas dos patos (Patomas, Historia y gloria de la dinastía Pato.., que tamén se pode atopar en portugués). Sigo comprándoos cando os atopo, aínda que xa hai tempo que só encontro exemplares repetidos.
- Son afeccionada á xenealoxía.
- A miña serie de culto é Gilmore Girls.
- Encántanme as croquetas caseiras sen recheo».
Vencellada familiarmente coa localidade asturiana de Tapia de Casariego, Conchita ten publicados varios artigos relacionados coa conservación e recuperación da lingua galega en territorio asturiano. O terceiro poema desta serie de vídeos é do seu poemario acabado de saír «Na palma da túa mao», que está escrito en fala galego-asturiana.
Distancias e simetrías «é un libro que toca á lectora, ao lector, cun estilo sinxelo, nada pretensioso, mais -se cadra precisamente por iso- tremendamente efectivo a nivel emocional», fundamentou o xurado. «Fala de realidades, desexos e temores moi íntimos, dun xeito directo que consegue facernos partícipes. Os poemas visibilízanse ante nós, como se cada un se convertese nunha pequena curtametraxe».
https://gl.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Concepci%C3%B3n_%C3%81lvarez_Lebredo
https://www.farodevigo.es/comarcas/2012/11/18/lebredo-recoge-victoriano-taibo-obra-17579468.html
Etiqueta:María Concepción Álvarez Lebredo