Novembro con Taibo- Ramón Sandoval
Ramón Sandoval (Sober, 1961)
Hai Blues en Sober
«O primeiro libro que lin, tería eu 9 ou 10 anos, foi “Crime e castigo” de Dostoievski (iso marca a un neno para toda a vida). Máis tarde, empezaría cos cómics e as novelas de vaqueiros de Marcial Lafuente Estefanía».
«Tamén con 10 anos propúxenme a ardua tarefa de escribir a historia de España en quintillas. Recitáballas a miña nai, que me escoitaba como quen oe chover. Cheguei creo ata o ano 1500. Despois deixeino, non lembro o porqué. Supoño que cansaría ou se me acabou o papel».
«Fago letras para un grupo musical, chamado ‘Os Parentes’, nas que trato de homenaxear a vida labrega e gandeira de Sober. Algúns dos títulos das cancións son: ‘A balada triste do labrador en Sober’, ‘Fincas en propiedá’, ‘O rock da arrinca do esterco’, ou ‘O blues da cantina do Regalado’».
«Cando estou máis inspirado é cando viaxo en avión e vou a 10.000 metros de altura. En avión viaxo pouco, por sorte para a literatura».
Segundo Armando Requeixo, Territorios Estraños «resulta un atractivo compendio entre a lírica do cotián e a poética do amoroso partillado en tres amplas seccións de suxestivo nome». «Nos versos de Sandoval hai sempre un aquel retranqueiro, un descremento irónico que xoga coas referencias máis actuais (ao mundo da televisión ou da internet, por exemplo) para alternalas con outras alusións cinematográficas, musicais e literarias que compoñen un retallado de humor desmitificador e paródico».
https://gl.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Sandoval_P%C3%A9rez
Etiqueta:Novembro con Taibo