
Novembro con Taibo – María Goretti Fariña
María Goretti Fariña (Vilanova de Arousa, 1965)
Escribir en momentos convulsos.
«A nena Goretti quería ter un cabalo con ferraduras e todo. Disto hai case medio século, e só camiña a pé, por consello do SERGAS, non menos de oito quilómetros ó día, e o único que conseguiu foi ter vivido a cabalo de dous séculos. Á parte dos animais simplemente alimenticios, o seu maior contacto foi cun gato persa e autónomo. Enterrouno ó pé dunha roseira, ás agachadas, no cemiterio parroquial. A roseira aínda existe. Pero diso hai máis de catro décadas, é dicir, en tempos da vella normalidade».
Na cerimonia de entrega do premio Mª Goretti Fariña puxo de manifesto dende un principio que non era de letras, senón de ciencias, bióloga e Doutora en Enxeñería de Residuos. Facíao notar porque pensaba que todo o mundo a catalogaría dentro da docencia das linguas.
Devastacións dispoñibles ten un lirismo e unha tristura existencial que impregna as súas páxinas ata pingar. É así como a celulosa se artella cun emprego elegante e eficaz da súa lingua.
https://gl.wikipedia.org/wiki/Goretti_Fari%C3%B1a
Etiqueta:María Goretti Fariña, Novembro con Taibo