
“LADRONES DE FUEGO” (“Ladróns de lume”)
“LADRONES DE FUEGO” (“Ladróns de lume”)
O lume fíxonos humanos. Durante milleiros de anos, as persoas do campo usárono para moldear a paisaxe, coidar os montes e protexer os seus pobos.
Hoxe en día, as trabas burocráticas e o abandono institucional arrebatáronlles esa ferramenta ancestral. Sen lume controlado, sen mans que xestionen o territorio, o monte arde como nunca antes: incendios dunha magnitude sen precedentes que arrasan ecosistemas, fogares e vidas.
Prometeo roubou o lume aos deuses para entregarllo á humanidade; hoxe son outros quen llo roubaron ao mundo rural.
“Ladrones de fuego” é unha película documental producida por Metáfora Visual e dirixida por Francisco J. Vaquero que dá voz a quen sofre as consecuencias desta nefasta xestión do lume e a quen reclama recuperalo: non como ameaza, senón como o que sempre foi, unha ferramenta de vida.
Metáfora Visual é unha produtora audiovisual estremeña especializada en documentais que poñen o foco na natureza, o territorio e as persoas que o habitan. Dende o guión ata a posproducción, contamos historias reais con mirada propia.
CAMBIO DE UBICACIÓN:
Por motivos técnicos de última hora vémonos na obriga de cambiar de ubicación esta presentación.
“Ladrones de fuego” será presentada no Val de Miñor nun acto organizado polo IEM (Instituto de Estudos Miñoráns) coa colaboración do concello de Nigrán o vindeiro día 1 de agosto, sábado, ás 21:00h no AUDITORIO MUNICIPAL DE NIGRÁN, na Avda. Castelao, 2 en Nigrán,
O acceso será libre e gratuíto ata completar o aforo.
Haberá “taquilla inversa”.
Contaremos coa presenza de Francisco J. Vaquero, director da película, acompañado por Bruno Centelles, do IEM.
https://metaforavisual.com/




