Modelo alegación Parque Eólico TORROÑA I (Baiona, Oia e Tomiño)
A GROBA CHAMA POR NÓS!
Imprime nun folio, a dúas caras, as dúas páxinas do documento de alegacións.
Podes empregar directamente a versión *pdf, xa lista para imprimir, na que unicamente deberás completar os teus datos persoais, a túa sinatura e máis a data.
Se queres facer algunha modificación ao texto de alegacións podes descargar a versión *docx (para Word)
Podes presentar directamente os teus escritos de alegacións en calquera Rexistro Oficial (concello, Xunta…) ou facérnolos chegar ao local do IEM, na Avda- da Feira, 10, baixo, en Gondomar.
(*) Importante: O PRAZO PARA PRESENTAR ALEGACIÓNS REMATA O VINDEIRO 17 de ABRIL.
Colabora presentando alegacións á RESOLUCIÓN do 24/01/2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, publicada no DOG do 03/03/2023 pola que se someten a información pública as solicitudes autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico do PARQUE EÓLICO TORROÑA I, expediente IN408A 2020/24, situado nos concellos de Baiona, Oia e Tomiño (Pontevedra).