
Ciclo de Faladoiros “XORNALISMO E INFORMACIÓN”. Tareixa Navaza, 29/05/2026.
Ciclo de Faladoiros do IEM:
O vindeiro 29 de maio, venres, clausuramos no IEM esta primeira etapa do Ciclo de Faladoiros que baixo o título xenérico de “XORNALISMO E INFORMACIÓN” conta coa presenza de xornalistas de recoñecido prestixio no noso país que, dende a perspectiva da súa propia experiencia profesional e persoal, disertan sobre cuestións vinculadas á realidade na que vivimos.
Nesta ocasión contaremos con TAREIXA NAVAZA, xornalista galega de radio e televisión, tamén colaboradora de medios escritos quen, baixo o título “Do retorno de Castelao no 84 á CRTVG. Manipulación permanente” falará de manipulación informativa nos medios de comunicación en xeral e na CRTVG -actualmente CSAG (Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia) en particular.
Juan Hermida, director do IEM , presentará á nosa convidada.
Será o vindeiro venres, 29 de maio, ás 20:00, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avda. da Feira, 10, baixo, sede do IEM en Gondomar.
Participaron tamén neste ciclo:
– 20/02/2026 David Reinero. “De onde saen as noticias?”
– 06/03/2026 María Xosé Porteiro. “Xornalistas e literatas nas letras galegas”
– 17/04/2026 Antón Losada. “Non está a cousa tan mal como parece”




