Os Faladoiros do IEM: “O traballo colaborativo na Galipedia: Patrimonio en man común”
4 de Marzo ás 20h na Aula de Cultura Ponte de Rosas en Gondomar.
A Wikipedia é unha enciclopedia colaborativa que medra en base ás achegas voluntarias de numerosas persoas. Nesta charla introdutoria coñeceremos como funciona, falaremos da súa fiabilidade, e aprenderemos a editar de diversas formas, xa sexa creando contido, actualizando información, corrixindo erros ou subindo fotografías.
Farémolo con exemplos diversos, moitos deles relacionados co Val Miñor. Na sesión estará presente Adrián Estévez (Pontevedra, 1983), usuario da Galipedia desde 2007. Mestre e filólogo, participou en numerosos obradoiros e conferencias relacionadas coa Wikipedia.
Será presentado polo doctor en economía, ensaísta e profesor da U.Vigo Albino Prada.