Novembro con Taibo- Iñaki Varela
Iñaki Varela (Vigo, 1980)
Poesía táctil
«Foi nestes últimos tempos, quizais nos últimos dous ou tres anos, nos que recuperei esa necesidade de escribir. Estou a aprender un tanto as apalpadas o que pode significar isto de escribir e que sentido pode ter facelo eu e facelo deste xeito».
«No máis estritamente académico ou profesional, son licenciado en Historia pola USC. Rematada a carreira fixen diversas piruetas, cousa xeracional, así que tamén teño estudos non finalizados de realización audiovisual e educación social. Tamén fun pizzero, brevemente, e apañador de fresa en Dinamarca, aínda máis fugaz. Dende o 2006 estou a traballar como profesor de Xeografía e Historia no ensino secundario».
«Son activista da asociación ecoloxista Verdegaia, da asociación de defensa dos dereitos das persoas presas Concepción Arenal e do proxecto de finanzas alternativas Fiare Banca Etica… e unhas cantas historias máis. Vaia, que á mínima enredo nunha silveira».
Do outro lado das portas, segundo o xurado do premio, «trata os temas máis actuais dende unha perspectiva social, nunha especie de épica actual, en que o autor nos dá a súa particular visión do que nos preocupa hoxe sen que os poemas se resintan na súa construción lírica». O poemario impúxose ese ano a unha colleita de excelsa calidade, como ben acredita o destino das outras catro obras finalistas.
https://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-08-10-2015-1495080?t=27
https://valminor.info/canais/cultura/7877-2015-09-18-19-28-54
https://www.farodevigo.es/cultura/2015/12/06/salvemos-o-premio-poesia-victoriano-16745473.html
Etiqueta:Iñaki Varela, Novembro con Taibo