Novembro con Taibo- Lara Rozados
Lara Rozados (Poio, 1982)
Pola noite os poemas foron nacendo.
«Eu que sei… Fun figurante de cine, periodista, redactora de páxinas web, de dicionarios, monitora de campamentos, membro de compañías de teatro, poeta, e con case 40 anos, á fin, profe de lingua e literatura galega, que era o que quería».
«Case todo o que escribo vai vinculado a un momento de crise vital (entendendo crise como transformación)».
O caderno amarelo é, segundo o xurado do premio, un libro «que pode lerse como unha radiografía xeracional… no que vemos debullar ante nós os principais desafíos -no social e no íntimo- da mocidade galega contemporánea».
A propia autora explica así os seus poemas: «En xeral, son pinceladas de cousas que percibo, que leo ou que vivo, e tamén reflexo dun momento de moita precariedade. Escribino nuns meses en que non atopaba traballo nin ‘pa Dios’ e estaba á última pregunta, sen un can. Son poemas moi narrativos na súa estrutura, xa que veño do xornalismo e algo sempre queda, e máis sociais ca intimistas».
https://gl.wikipedia.org/wiki/Lara_Rozados
https://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-17-09-2014-891687?t=98
Etiqueta:Lara Rozados, Novembro con Taibo