Remata Novembro con Taibo
Este ano de pandemia, alá polo mes de marzo, aconsellounos non convocar o Premio Victoriano Taibo; pero grazas a xenerosa colaboración dos catorce poetas premiados ao longo destes anos puidemos celebrar este Novembro con Taibo, que estará difundindo, desde as páxinas do IEM, máis de corenta vídeos coa selecta poesía dos poetas premiadas nas doce convocatorias unida á do noso mestre miñorán, que dá nome ao premio que os uniu á actividade cultural do noso Instituto.
Os membros do grupo PUGA (Promoción de Uso do Galego), responsables da xestión desta actividade do IEM, queremos agradecer o seu eficaz traballo que nos permitiu que este ano non quedase silenciada a figura de Victoriano Taibo, mestre e poeta que viviu longos anos nestas terras de Val de Miñor.
No tempo desta celebración, do San Martiño ao Santo André, chegounos a noticia do pasamento do poeta Xosé Manuel Millán Otero, finalista na décima convocatoria do Premio Victoriano Taibo. É por iso, que para finalizar este evento, quixemos que a lectura homenaxeada de dous dos seus poemas puxeran o remate deste Novembro con Taibo.
Achegámos os enderezos onde figura toda a información difundida sobre o evento:
Etiqueta:Novembro con Taibo, PUGA
1 Comentario
Un ano moi diferente, certo!!! Pero cando se “ama o noso” , cando hai ilusión polas cousas que se fan sen ánimo máis que de compartir…xurden cousas tan especiais coma este novembro con Taib o.Moitas grazas por facernos chegar as letras do noso idioma enlazadas nunhas poesías tan bellas… non hai nada máis que engadir a este traballo colaborativo tan ben feito a prol do noso…
Grazas por compartir!!!