Este sábado, 11 de xaneiro, organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns e coa colaboración do concello de Gondomar, comeza no Auditorio Municipal Lois Tobío unha nova edición da MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO VAL MIÑOR E OIA que, desde este sábado …
O concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoráns convocan os interesados a asistiren ao acto de entrega do XII Premio de Poesía Victoriano Taibo, galardón que recaeu no poeta vigués (miñorán de adopción) Francisco Javier Fernández Davila polo …
O xoves 22 de agosto terá lugar unha nova xeira dentro do programa das Xeiras de verán 2019 coa colaboración do concello de Baiona titulada Polos cumes da Groba. O hábitat do último cabalo salvaxe do mundo que será guiada por Xosé Ramón García e …
O martes 20 de agosto terá lugar unha nova xeira dentro do programa das Xeiras de verán 2019 coa colaboración do concello de Gondomar titulada A vila do século XIX. Será guiada por Antonio Soliño Troncoso. O percorrido estará acompañado de dúas intérpretes …
O portiño de Panxón está ó acobillo dunha punta de xisto que foi lugar habitado na idade do ferro (hai 2500 anos) e quizais antes. Sabémolo polos restos arqueolóxicos e mais polo topónimo: O Crasto. En arqueoloxía coñécense como cabicastros …
É unha embarcación de fondo plano, proa e popa cortadas que se usaba con vela e remos no sur galego entre Cangas e A Guarda. É a embarcación de Panxón fóra lanchas e barcos. Non imos repasar a nomenclatura descritiva …
O vindeiro mércores 14 de agosto ás 20:00h, Anxo Rodríguez Lemos, historiador e doutorando na USC e membro do IEM, ofrecerá a conferencia titulada Os tempos na Colexiata de Santa María de Baiona, en colaboración co concello de Baiona. Esta terá lugar na Capitanía …
Cando embarquemos en Panxón o martes 13, para percorrer mares de naufraxios e talasónimos a mares, treparemos lugares con memoria, neste porto é milenaria, comunicado, por cabotaxe, co Mediterráneo, o primeiro bo abrigueiro natural en moitas millas. Damos por suposto …








