O Instituto de Estudos Miñoráns oponse ao modelo enerxético que sustenta o “Plan sectorial eólico de Galicia” no que priman a especulación económica e o rendemento a curto prazo priorizando claramente o mellor beneficio para as grandes empresas explotadoras ao …
“A MACRO ÁREA OITAVÉN-LIMA: Reticulados, muíños naviculares, équidos e motivos de arte asquemática peninsular”. Ponencia de Xosé Lois Vilar Pedreira e Xilberte Manso de la Torre, do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) e do Proxecto EQUUS, presentada na xornada “CAZADORES DE PETRÓGLIFOS” celebrada o 5 de setembro de 2020 no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, en Pontevedra. Galicia.
https://youtu.be/N6pI1b_sDeo O IEM este verán por causa da pandemia non ten programada ningunha actividade . Estamos valorando si poderíamos facer no mes de agosto algunha xeira controlada, alomenos unha en Nigrán, en Gondomar e en Baiona. Serían en espazos abertos …
“Coñecendo a contorna do noso colexio: o noso patrimonio” A ANPA do CEIP Fontes de Baíña, en colaboración co centro, organiza para este venres, 22 de novembro a actividade “Coñecendo a contorna do noso colexio: o noso patrimonio” dirixida ao …
A COUTADA. (TVG 15/02/2018) Emisión do 15 de febreiro de 2018 no programa “A REVISTA” da TVG dando conta do achado dunha das mellores superficies gravadas da arte rupestre galega na LAXE DA COUTADA, en Taboexa, concello das Neves.
“EQUUS” (Ferus atlanticus) foi galardoando co segundo premio “TELEARQUEOLOXÍA” de creación audiovisual convocado pola Deputación de Pontevedra. O proxecto foi concibido para que tanto persoas físicas como colectivos participen na posta en valor da riqueza arqueolóxica da provincia e na …
O xoves 29 de agosto terá lugar a última das Xeiras de verán 2019 do IEM coa colaboración do concello de Tomiño titulada Camiño da Nosa Señora do Norte. Ollando cara a Tebra. Será guiada por Antonio Soliño Troncoso. O …
O xoves 22 de agosto terá lugar unha nova xeira dentro do programa das Xeiras de verán 2019 coa colaboración do concello de Baiona titulada Polos cumes da Groba. O hábitat do último cabalo salvaxe do mundo que será guiada por Xosé Ramón García e …
O martes 20 de agosto terá lugar unha nova xeira dentro do programa das Xeiras de verán 2019 coa colaboración do concello de Gondomar titulada A vila do século XIX. Será guiada por Antonio Soliño Troncoso. O percorrido estará acompañado de dúas intérpretes …