É unha embarcación de fondo plano, proa e popa cortadas que se usaba con vela e remos no sur galego entre Cangas e A Guarda. É a embarcación de Panxón fóra lanchas e barcos. Non imos repasar a nomenclatura descritiva …
No mércores 31 houbo unha sonora xeira en Parada. Románico, Anxo, Ester, igrexa. O percorrido botánico foi polo río da man de Xosé Ramón. Mapas indican e persoas reproducen río Muíños. Xamais se chamou así. Baixa das entrañas da terra …
O Antártico era un barco matriculado no porto italiano de La Spezia que finou diante do Faro de Laxes, na zona de maior densidade de naufraxios do mar miñorán. Aquí bateron: o H.P., o Cackeren, o Aslaug, o Aralar, o …
Para un mariñeiro posicionarse no mar enriba dun pesqueiro usaba, e usa, marcas por terra. O sistema usado consiste na triangulación tirando dúas liñas imaxinarias que converxen no punto buscado. Cada unha destas liñas confórmase con dous puntos en terra, …
Os mariñeiros vellos dicían As Berlingas. Están sete millas fronte ó cárcere salazarista de Peniche que Rosa Aneiros empregou na súa novela Resistencia. É unha illa, A Berlenga Grande, habitable e habitada, e uns illotes ó pé dela e nun …
Aninovo do 49 á mañá é lembrado en Panxón porque nas pedras da Praia do Crasto ou da Madorra apareceu o terceiro cadáver procedente do iate que naufragara en Anovello no carreiro do Medio de Silleiro. Neste primeiro día do …
Tecer a historia dos pobos é un labor acumulativo dependente da cantidade e calidade dos recursos investigadores dedicados a tal mester. Saber que fomos e como e porqué estamos aquí vivindo implantados nun territorio no que devagar modelamos unha paisaxe …
Os que leron A Praia dos Afogados de Domingo Villar saben que foi aquí onde botaron ó mar a Xusto Castelo, O Rubio. Os que leron esta obra de ficción saben tamén que o topónimo do sitio aparece como Punta …








